Anfitriones Turismo

Destino en Detalle

destinodetalle

O Programa Destino en Detalle procura mellorar a calidade percibida polo cliente desde o punto de vista do destino. Para tal, foi deseñada unha serie de actuacións que estimulen a adopción de boas prácticas de embelecemento dos destinos turísticos, aproveitando o seu carácter e singularidade.

O Modelo turístico español herdado deu as costas á calidade intrínseca do territorio e dos espazos urbanos, deteriorando o soporte físico, arquitectónico e patrimonial e, especialmente, o espazo público.

Os municipios elaboraron proxectos que redirixen estas dinámicas cara a reconstrución de rúas e edificios, a recuperación de espazos singulares e, en definitiva, dos elementos que singularizaron o destino, que o facían belo.

O programa Destino en Detalle persegue este obxectivo, mais propondo unha estratexia integral e coordinada, mellorando o valor ofrecido ao cliente con experiencias que diferencien e potencien o posicionamento de España como destino turístico; integrando o sector na sociedade local, o patrimonio cultural, o tecido empresarial, intervindo no desenvolvemento da competitividade e da innovación.

En paralelo, tamén busca traballar na mellora da sustentabilidade do modelo e das responsabilidades ambientais que van formar a nova paisaxe turística.

Para atinxir todo o exposto é necesario actuar cos axentes públicos e privados que desenvolvan as iniciativas de rehabilitación, considerando que as actuacións requiren unha estratexia integral, multisectorial, en distintas áreas temáticas chave: identidade e imaxe, calidade de vida e sistemas urbanos ou territoriais, sectores ambientais chave, oportunidades no contorno local e participación pública.

Este programa dota os xestores dos destinos interesados das ferramentas necesarias para estimular a adopción de accións que permitan o embelecemento dos destinos turísticos: